lunes, 28 de febrero de 2011

DAMAS. Esquivando o bloqueo

XOGAN NEGRAS E EMPATAN
Neste final o bando débil debe xogar con moito coidado pois a "bateria" branca ameaza con disparar [22-27] se a dama negra se coloca en posición flutuante. Con todo existe unha sutil manobra que permite conseguir o empate, ben por redución de material, ou ben por "círculo vicioso" [repetición de xogadas]. O lector debe descubrir que pasa se as negras se instalan na casa "32" e despois terá máis doado o atopar a manobra salvadora.
* * * * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA DA SEMANA PASADA (22-2-2011)

"Buscando a Forzosa"

1. ... 18-14; 2.28-31 ... [Se 2.28-32, 03-10; seguido de 3. ... 10-01; G.N.] 2. ... 03-12*; [Para apoiar o peón desde a retagarda] 3.31-28 ... [Non vale 3.31-18, por 12-15; 4.18x20, 20x15; G.N.] 3. ... 12-19; e o peón de "10" coroa sen problemas. Despois as negras coroan tamén o outro peón e converten a posición nun novo final coñecido como a "Forzosa" que debe ser gañado empregando 12 lances como máximo.

Se vostede non sabe como executar a Forzosa pode aprender na Páxina de José Luis González Sanz "Damas Españolas" (faga clic enriba).

2 comentarios:

A. Gaspar dijo...

Jogam as Negras e Ganham ?
Como ?
Pé de Galo
Portugal

Henrique Guerra dijo...

Debo pedir desculpas aos lectores.O enunciado saiu errado. Xa está corrixido. XOGAN NEGRAS E EMPATAN.
Amigo Gaspar, "obrigado" pola rápida suxestión.

Henrique Guerra.