lunes, 28 de febrero de 2011

DAMAS. Esquivando o bloqueo

XOGAN NEGRAS E EMPATAN
Neste final o bando débil debe xogar con moito coidado pois a "bateria" branca ameaza con disparar [22-27] se a dama negra se coloca en posición flutuante. Con todo existe unha sutil manobra que permite conseguir o empate, ben por redución de material, ou ben por "círculo vicioso" [repetición de xogadas]. O lector debe descubrir que pasa se as negras se instalan na casa "32" e despois terá máis doado o atopar a manobra salvadora.
* * * * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA DA SEMANA PASADA (22-2-2011)

"Buscando a Forzosa"

1. ... 18-14; 2.28-31 ... [Se 2.28-32, 03-10; seguido de 3. ... 10-01; G.N.] 2. ... 03-12*; [Para apoiar o peón desde a retagarda] 3.31-28 ... [Non vale 3.31-18, por 12-15; 4.18x20, 20x15; G.N.] 3. ... 12-19; e o peón de "10" coroa sen problemas. Despois as negras coroan tamén o outro peón e converten a posición nun novo final coñecido como a "Forzosa" que debe ser gañado empregando 12 lances como máximo.

Se vostede non sabe como executar a Forzosa pode aprender na Páxina de José Luis González Sanz "Damas Españolas" (faga clic enriba).

martes, 22 de febrero de 2011

DAMAS. Buscando a "Forzosa"

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Para gañar nesta posición as negras teñen que coroar os dous peóns sen perder o dominio do río [nome polo que se coñece na xerga damista á diagonal máis longa]. Unha vez que o bando forte dispón das 3 damas, o regulamento concede un máximo de 12 lances para atrapar a dama solitaria. Na solución da próxima entrega amosaremos, para os que están na primeira fase de aprendizaxe, como se gaña o final resultante. De momento vostede só debe indicar a manobra que leva á coroación.
* * *
SOLUCIÓN DA ANTERIOR PROPOSTA [14-2-2011]
"Un final de Buchanan"
1. ... 30-27; 2.10x19, 17-13!!; [0-1]
Esta é a clave. Brown deuse conta do bloqueo e depuxo as armas. Se agora as brancas seguisen con 3.02-06 na modalidade clásica rematábase o xogo con 3. ... 27-23; 4.11-14, 18x02; 5.09x27, 02x31 [G.N.]

lunes, 14 de febrero de 2011

DAMAS. Un final de Buchanan

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Esta posición corresponde a un xogo do "Torneo Escocés" de 1902 entre F. Brown e George Buchanan. As brancas acaban de atacar o peón de "14" con idea de recuperar material, xa que se as negras xogan agora 1. ... 30-27; despois de 2.10x19, 27-23; 3.02-06, 23x14; 4.06-10 as forzas iguálanse e prudúcese o empate. Buchanan, con fino olfato, decatouse deste detalle e atopou un impecable recurso que lle valeu para anotarse a vitoria. Cal puido ser a continuación coa que conseguiron gañar as negras?
* * *
Solución da anterior proposta [5-2-2011]
"Tiro de Borghetti"
1.09-13, 17x10; [Así queda fabricado un soporte] 2.18-22, 26x19; 3.14x32, [G.B.]

sábado, 5 de febrero de 2011

DAMAS. Tiro de Borghetti

MOVEN AS BRANCAS E GAÑAN

Xogo disputado entre Michele Borghetti e Gianfranco Portoghese correspondente ao 61º Campionato Absoluto de Italia (1991).
1.10-13, 22-19; ["Apertura Crítica Cruzada"] 2.05-10, 23-20; 3.11-14, 21-17; 4.14x23, 28x19; 5.12-15, 19x12; 6.07x23, 27x20; 7.13-18, 32-28; 8.10-14, 20-16; 9.06-11, 24-20.
A última xogada das negras coa que se forma a posición amosada no diagrama, permite un fulminante desenlace. Será quen vostede de indicar como rematou este xogo o actual aspirante ao título mundial en poder de Moiseyev.
***
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [31-1-2011]
"Soltando lastre"
1. ... 09-05; 2.02x09, 23-20; 3.16x30, 22-18; 4.30x17, 18x02; 5.15-19, 02-05 [EMP].