sábado, 24 de diciembre de 2011

DAMAS. Golpeando no final


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Nesta posición as negras acaban de mover 22-18 para salvar o peón do ataque da dama inimiga. Este lance permite ás brancas aplicar un elegante recurso que lles vai valer para conseguir unha inesperada vitoria. A solución non é moi dificil, pero por iso non deixa de ser menos brillante. Como seguiría vostede, amigo lector?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [15/12/2011]
"Construíndo un túnel"

1.02-05!, 09x02; 2.16-20!, 02x24; 3.23-28 [EMPATE].

jueves, 15 de diciembre de 2011

DAMAS. Construíndo un túnel


XOGAN BRANCAS E EMPATAN

As brancas están nunha posición moi delicada. A xogada natutal 1.16-20 pode ser ben contestada con 1. ... 31-18; e agora ante a formación de "batería" con 09-05, semella obrigada 2.02-06, pero despois de 2. ... 18-31; 3.20-24, 09-05 as negras gañan. Con todo, existe unha continuación que permite alcanzar o empate. Estará errada esta análise? ou é que existe algún outro método para lograr a salvación?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [7/12/2011]
"Gañar un tempo [IV]"

1.11-14!, 22x11; 2.03-07, 21x18; 3.07x30 GB.


miércoles, 7 de diciembre de 2011

DAMAS. Gañar un tempo [IV]


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

No noveno xogo dun match disputado por correo no ano 1874 entre o inglés James A. Kear (Senior) e o americano Ronald Edwin Bowen, as brancas fabricaron un tempo e gañaron sencillamente esta posición. Como continuou o pai do famoso tratadista para poder anotarse a vitoria?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [22/11/2011]
"Sutileza de Víctor Oliveira"

1. ... 15-06!; 2.02x11, 09-05; 3.14x23, 05-01 [GN].

domingo, 27 de noviembre de 2011

DAMAS. Golpe a Harpo Marx


Vídeo da película: "Unha tarde no circo" [1939].

martes, 22 de noviembre de 2011

DAMAS. Sutileza de Víctor Oliveira


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Nun xogo Leopoldo Lopes vs. Victor Oliveira [24º Campionato de Portugal; Foz do Arelho, 2004] alcanzouse esta interesante posición na que parece que tras a "luneta" efectuada pola dama branca o empate ía ser o resultado final. Maís o mestre do Val do Cambra tiña prevista unha elegante continuación que lle valeu para conseguir a vitoria. Será vostede capaz de indicar como é que remataron as negras?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [16/11/2011]
"Extraño abandono"

1.12-15, 24x21; [Obrigado pola "Lei da cantidade"] 2.03x17 GB.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

DAMAS. Extraño abandono


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Curiosa posición que se deu no cuarto e último xogo da segunda sesión do 21º Campionato de Portugal entre Vítor Cunha e Joao Oliveira disputado en Foz do Arelho [2004]. Neste momento Cunha vencía por 2-1, pero extrañamente e pensando que estaba perdido decidiu abandonar permitindo ao seu rival empatar a sesión. Mais o caso é que as brancas non só non perden senón que están en disposición de conseguir a vitoria. Como xogaría vostede para alcanzar tal fin?

* * *

[A solución da proposta anterior pódese ver nos comentarios].

martes, 8 de noviembre de 2011

DAMAS. Elemental


NEGRAS XOGAN E GAÑAN

Nun encontro disputado on-line na "Ludoteka" entre dous dos seus más asíduos concurrentes chegouse a esta posición na que as negras desaproveitaron a ocasión de impoñerse no xogo aplicando unha elemental combinación. Os xogadores superaban a barreira dos 2300 puntos polo que o erro para nada desprestixía a súa calidade, todo o contrario. Con este detalle demostraron que a súa puntuación foi conseguida  a pulso. Agora sen nervios nin presas seguro que calquera deles atoparía a xogada corecta. Non dubido de que o lector tamén será quen de descubrila.

* * *

SOLUCIÓN DO PROBLEMA ANTERIOR [26/10/2011]
Problema ruso [2]

1.14-23, 27x10; 2.15x24 e agora:

a) 2. ... 25x07; 3.04x18, 32-28; 4.24-20 GB.

b) 2. ... 31x09; 3.24-31, 25x07; 4.04x18, 09x22; 5.32x18 GB.

miércoles, 26 de octubre de 2011

DAMAS. Problema ruso [2]


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

Na entrega anterior amosamos un daqueles dous problemas rusos que atopara gardados no medio dun  antigo libro de xadrez. Reservamos para hoxe a publicación do segundo. Trátase dunha composición de Iván Karakin que veu a luz por primeira vez no ano 1937. Por mor de non existir a lei da calidade no xogo dos soviéticos perde unha ramificación, máis aínda así o problema segue sendo un bonito "variable". Coñecidos os antecedentes é tempo de poñerse a pensar e intentar pasar un rato agradable indagando a súa solución. 

* * *

SOLUCIÓN DO PROBLEMA ANTERIOR [16/10/2011]
"Un problema ruso"

1.04-07, 11x04; 2.27-16, 04x21; 3.01-05, 10x01; 4.16-03 GB.

domingo, 16 de octubre de 2011

DAMAS. Problema ruso


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Sabendo do meu gusto polo tema, xa hai moitos anos un amigo regaloume un vello libro de xadrez que casualmente atopara no seu trasteiro. No medio traía metidos dous pequenos recortes de xornal con sendos problemas de damas. Son composicións de autores rusos pero, curiosamente, tamén se poden resolver coas nosas regras. A que hoxe presentamos pertence a D. S. Abragam e foi publicada por primeira vez no ano 1911. Trátase dun problema clásico que seguramente o lector solucionará sen moitas dificultades.

***

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/9/2011]
Golpe na "Contra-Clásica"

10.12-15, 20x11; [1. ... 19x12; 2.10x19, 23x14; 3.16x32 GB.] 2.16-20, 23x16; 3.05-09, 14x05; 4.07x32 e as brancas deben ganar.

sábado, 24 de septiembre de 2011

DAMAS. Golpe na «Contra-Clásica»


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Se o lector coloca as pezas no taboleiro e vai efectuando os seguintes movementos: 1.10-14, 22-18; 2.12-16 ... [Partida Contra-Clásica] 2. ... 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.08-12, 32-28; 5.06-10, 18-14; 6.11x18, 21x14; 7.09-13, 27-23; 9.13-18, 24-20; terá ante os seus ollos a posición que se amosa no diagrama. A última xogada das negras constitúe un desacerto tremendo pois proporciona ao rival a posibilidade de executar un vistoso golpe. Será vostede capaz de descubrilo?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR
"Celada na Edimburgo" [9/9/2011]

1.13-17, 26x17; 2.16-20, 18x09; 3.10-14, 19x10; 4.12x26, 29x22; 5.06x13, 17x10; 6.07-12, 24x15; 7.12x26 GB.

sábado, 17 de septiembre de 2011

TUTE. Sorprendente aposta

Dispón o tute dunha temática suficientemente ampla e variada para poder provocar o asombro e espertar a curiosidade dos afeccionados. No meu libro "O tute. Diversión arredor dun tapete" pódense ver infinidade destas situacións. Vexamos unha mostra incluída dentro do capítulo titulado "Historias para cavilar". 

En certa ocasión un descoñecido representante de comercio entrou nun bar no que eu casualmente me atopaba presenciando unha entretida partida. Situouse alí, ao meu lado, mirando tamén. Sen coñecer a ninguén, de cando en vez marabillábase das xogadas e felicitaba aos que as facían. Penso que era para coller confianza, e a verdade foi que a estratexia funcionoulle ás mil marabillas.

Cando a partida terminou, non sei como, pero el conseguiu atraer a unha chea de xente que entusiasmada trataba de resolver o problema que expoñemos a continuación.


É só para dous xogadores. Os naipes poden estar á vista ou non. Dá o mesmo.

Hai que escoller as cartas que se queiran, as dez de arriba ou as dez de abaixo. O que poxe máis alto ten dereito á saída. Naturalmente, segundo as cartas que se elixan cada un selecciona o trunfo que lle conveña.

Os presentes estúdano e axiña se aperciben que dá o mesmo escoller unhas cartas que outras. Calculan e adoitan poxar 160. Probablemente aclararán que se poden facer 164 tantos, pero xa que no tute subhastado é costume poxar de 5 en 5, parece non haber mellor opción que ir polos 160 xa mencionados.

Como era de esperar, aquel día todos defenderon sen vacilación este razoamento e así opinaron. Foi nese momento cando o viaxante exclamou con aire de superioridade:

—160 son poucos. Eu podo facer máis!

Ao escoitar tal cousa, algúns empezaron a desconfiar, pero a maioría non quixeron dar o brazo a torcer e, por riba, aínda testanearon. Pronto se pediron novas consumicións e cruzáronse apostas.

Que pensa o lector? Por exemplo coas cartas de abaixo. Sería trunfo “ouros”. O xogo cos dous cantes vai a 190 e perderíanse o cabalo e a sota de espadas que hai que entregar nas bazas do ás e do tres do mesmo pau. Total 26 tantos (11+10+3+2). Dando como resultado que 190 – 26 = 164. Semella imposible facer máis, con todo o viaxante demostrou ter a razón.

Sería vostede capaz de descubrir o enxeñoso truco que permite gañar a aposta?

***********************************************************************************

Solución: Para gañar a aposta hai que poxar 165. O truco está en non escoller trunfo no pau longo, hai que facelo no que levamos rei, cabalo e sota. Deste xeito só se perden as dúas sotas. Se eliximos as cartas de abaixo. O trunfo sería espadas. Xogamos o ás e o tres de bastos para poder cantar, seguidamente facemos fallar ao contrario saíndo coa sota de ouros. Finalmente entregamos a sota de trunfo e gañamos as bazas restantes sumando os 165 tantos. Enxeñoso, non si?

viernes, 9 de septiembre de 2011

DAMAS. Celada na "Edimburgo"


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Unha celada é unha xogada aparentemente mala pero que en realidade encerra unha trampa. Imos ver un exemplo extraído do seguinte xogo: 1.12-16, 23-19; 2.10-13 ... [A variante "Wilderness" da Edimburgo] 2. ... 19-15; 3.11x20, 24x15; 4.13-17, 22-19; 5.09-13, 27-22; 6.07-12, 30-27; 7.04-07, 28-24; 8.05-10 ... [Así queda preparada a celada, semella que as negras poden gañar material atacando o peón de "13"] 8. ... 21-18; [as negras pican]. Agora tócalle a vostede indicar como poden as brancas explotar este fatal desliz que acaba de cometer o seu rival?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR
"Golpe adaptado" [15/7/2011]

As brancas gañan facilmente xogando 18-22 que obriga a capturar a maioría [Lei da cantidade]. Despois da réplica 26x12 segue 07x30 [Tres e dama] GB.

viernes, 15 de julio de 2011

DAMAS. Golpe adaptado


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

A esta posición chegouse despois das seguintes xogadas: 1.10-14, 23-19; 2.14x23, 28x19 [A Partida do Río] 3.05-10, 32-28; 4.01-05, 27-23; [Lance que da orixe á "Defensa Toledana"] 5.10-13, 30-27; 6.13-18, 21x14; 7.11x18, 22x13; 8.09x18, 19-14; 9.12-15, 23-20 a agora as brancas seguiron correctamente con 10.06-11. Trátase dun xogo Walter Hellman vs. Elbert Lowder do Campionato Nacional Americano do ano 1972. A modalidade que se practica nos Estados Unidos [coñecida como "checkers"] non contempla a lei da cantidade nin a da calidade e ten como diferenza máis importante que cando un peón se converte en dama só pode mover un cadro para diante ou para atrás, amais de que xogan co taboleiro cambiado en espello. Curiosamente se esta partida se disputase coas regras das damas clásicas, as brancas poderían gañar de golpe a partir da situación representada no diagrama. Pode indicar o amable lector cal sería a fulminante continuación que permite gañar no noso xogo?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [28/6/2011]
"Combine como Belyamani"

1. ... 29-26; 2.11x20, 09-05; 3.02x09, 18-13; 4.09x18, 26-21; 5.17x26, 30x05; 6.20-23, 05-02 GN.

martes, 28 de junio de 2011

DAMAS. Combine como Belyamani


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Esta posición pertence a un xogo de adestramento entre Almamoune Alatifi e Adil Belyamani disputado en Casablanca [Marrocos] o pasado 23/06/2011. As brancas teñen unha peza de menos pero aínda conservaban a esperanza de salvarse levando o peón "11" a dama cando quede despexado o camiño tras 1. ... 15-12. O condutor das negras non permitiu tal opción e rematou a loita cunha precisa manobra táctica.
Coñecidos os antecedentes, o lector agora debe poñerse no lugar de Belyamani, concentrarse e intentar descubrir esa combinación coa que as negras conseguiron a vitoria.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [15/06/2011]
"A elegancia da simplicidade"

1. ... 15-12; 2.08x15, 18-13; 3.09x18, 26-22; 4.18x27 ... [Se 4.19x27, 30x07 é o mesmo] 4. ... 30x07; 5.15-20, 28-24 e as negras depuxeron as armas un par de xogadas despois.

miércoles, 15 de junio de 2011

DAMAS. A elegancia da simplicidade


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Nun xogo do clásico Torneo de Lakeside (1975) alcanzouse esta posición no enfrontamento Louis Cowie vs. Marion Tinsley. A presión exercida polas negras do mítico campión mundial estaba comezando a dar os seus froitos provocando o precipitado ataque ao peón de "15". O Dr. Tinsley instantaneamente aproveitouse deste desliz para efectuar unha elegante combinación que lle valeu para entrar en dama e impoñerse con facilidade. Será vostede capaz de resolver o enunciado coa mesma celeridade? 

* * * 

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [8/6/2011]
"Golpe de Basil Case"

1. ... 31-27; 2.14x21, 17-13; 3.09x18, 26x17; [a típica finta do Golpe de Brooklin] 4.19x26, 30x14; 5.11x18, 20x04 GN.


miércoles, 8 de junio de 2011

DAMAS. Golpe de Basil Case


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Esta posición alcanzouse nun enfrontamento  C. Lawson vs. Basil Case correspondente ao Campionado Americano do ano 1929 disputado en Cedar Point. As negras pódense lucir aplicando o  fermoso e ao mesmo tempo díficil  "Tema Brooklin". Será capaz o lector de repetir este extraordinario golpe que lle deu a vitoria ao célebre damista de Alabama?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [29/05/2011]
"Problema de Rui Costa"

1.03-07, 29x03; 2.14-18, 28x19; 3.09-13, 10x17; 4.18x21, 17x26; 5.04-07, 03x12; e o tiro na paralela 6.08x29 GB.

domingo, 29 de mayo de 2011

DAMAS. Problema de Rui Jorge Costa


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Este que ofrecemos hoxe é o primeiro problema que compuxo  Rui Jorge Costa, un damista portugués que acabamos de coñecer tras unha amena conversa que sostivemos a través da Ludoteka. Foi publicado no ano 1983 na sección de Damas do famoso "Jornal de Almada" que por aquel tempo orientaba Mario Dinis Vaz. 

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [23/05/2011]
"Golpe de A. B. Scott"

7. ... 15-11; 8.06x24, 17-13; 9.10x17, 23-20; 10.16x23, 28x01; GN.

lunes, 23 de mayo de 2011

DAMAS. Golpe de A.B. Scott


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Alexander Bruce Scott foi un famoso xogador escocés que viviu a cabalo dos dous séculos pasados. Morreu no 1932 aos 66 anos. Dominaba o xadrez e as damas e nesta última modalidade conquistou o prestixioso campionato do seu país en catro ocasións. Gustaba moito das liñas exóticas e utilizaba con asiduidade a  "Variante da Serpe" na "Partida Heroica", con ela conseguiu moitas vitorias en campionatos escoceses e en outros importantes eventos. Hoxe imos ver un golpe que con esta variante executou contra Jesse Hanson na 3ª rolda do "2º Match Internacional" disputado en Nova York no ano 1927. O desenvolvemento do xogo foi o seguinte: 1.12-16, 24-20; 2.10-14, 21-17; 3.05-10, 22-19; 4.01-05, 27-22; 5.14-18, 22x13; 6.09x18, 19-15; 7.11-14  e nesta posición as negras gañaron de golpe. Pode indicar o amigo lector a combinación coa que rematou a confrontación este lendario mestre escocés?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [16/05/2011]
"E había golpe"

As negras gañaban con 7. ... 23-20; 8.16x23, 27x20; 9.14x23, 21x07; 10.12x19, 20-16; G.N.

lunes, 16 de mayo de 2011

DAMAS. E había golpe!


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Na sección de vídeos do extraordinorio "Blog de Damas" de JofeDolgo puidemos ver o xogo que segue: 1.11-14, 22-19 ["Apertura Central Cruzada"]; 2.09-13, 24-20; 3.12-16, 21-17; 4.13-18, 20-15; 5.07-12, 26-21; 6.04-07, 29-26; 7.07-11 ... [o adecuado podía ser 7.05-09] e aquí as negras continuaron con 7. ... 28-24, desaproveitando a ocasión de asestar un certeiro golpe. Tratábase do 3º xogo da derradeira sesión do Torneo de Romariz [2011] e enfrontabanse Manuel Silva vs. Manuel Madureira.

Observando con calma, e sen a tensión que proporciona a escaseza de tempo neste tipo de eventos, ¿pode o amigo lector indicar cal é a combinación gañadora que pasou por alto o que logo sería gran vencedor desta prestixiosa proba? 

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [11-05-2011]
"Tema Turco"

1.29-26; 27x12; [lembre o afeccionado que o regulamento obriga a retirar as pezas comidas só despois de ter pousada a propia peza que efectúa os saltos] 2.26x08 G.B. 

miércoles, 11 de mayo de 2011

DAMAS. Tema turco


BRANCAS XOGAN E GAÑAN

Curiosa posición que se gaña de forma elemental. As brancas impóñense aplicando un tema baseado nunha norma do regulamento que algúns descoñecen por ser de uso pouco frecuente. En problemismo denomínase como "tema turco" e adoita aparecer en situacións sofisticadas. Se hoxe a presentamos aquí é porque nos chamou a atención a naturalidade do esquema.

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [4/5/2011]
"Un remate de R. T. Ward"

1. ... 24-20;  2.15x24, 17-13;  3.10x26, 29x06; 4.12-15, 06-03; [0-1]

miércoles, 4 de mayo de 2011

DAMAS. Un remate de R.T. Ward


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

A esta posición chegouse nun xogo Herbert Morral vs. Robert T. Ward correspondente ao "11º Torneo Inglés", un evento celebrado en Southport no mes de abril de 1909 e que foi gañado polo mítico Alfred Jordan. As brancas acaban de mover 14-19 cometendo un erro que foi perfectamente explotado polo magnífico xogador de Birmingham. Cal pode ser esa fermosa continuación que lle proporcionou a vitoria ás negras?

***

SOLUCIÓN DO PROBLEMA ANTERIOR [26-04-2011]
"Un problema sinxelo"

1.23-28, 32x23; 2.31-24, 20-16; (Se 2. ... 20-02; 3.03-06, 02x11; 4.24x02 G.B) 3.08-12, 16x07; 4.03x12 G.B.

martes, 26 de abril de 2011

DAMAS. Un problema sinxelo


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Nesta posición as negras tras ameazar o peón de "23" parece que poden conseguir o empate, xa que a troca 1.23-28, 32x23 e 2.31-28 non é efectiva porque a dama defensora permanece na diagonal 2/24 e os peóns brancos non poden avanzar sen perder o dominio do río. A pesar de todo o bando forte dispón doutra manobra diferente que lle serve para solucionar o problema. Pode o amigo lector indicar a verdadeira combinación gañadora?

***

SOLUCIÓN DA PROPOSTA PRECEDENTE [1-4-2011]
"Erro no saque"

1. ... 09-05; 2.14x01, 30-20; 3.06-10, 20-06; 4.10-14, 06-11 e cae o peón [EMP.]

viernes, 1 de abril de 2011

DAMAS. Errro no "saque"


NEGRAS XOGAN E EMPATAN

No método do "saque de peón" do mestre portugués Fernando Martins descubríronse algúns erros. Nesta posición podemos atopar un deses pequenos descoidos que permiten ao bando débil conseguir o empate. Como é que deben xogar aquí as negras para salvar o xogo?

*****

SOLUCIÓN DA ANTERIOR PROPOSTA [23/03/2011]
"Tiro simple"

1.17-21, 25-18; 2.11-14, 18x11; 3.14x32 [G.B.]

miércoles, 23 de marzo de 2011

DAMAS. Tiro simple

BRANCAS XOGAN E GAÑAN
Esta posición pertence a un xogo Verissimo_D vs. Nonou disputado na Ludoteka (18/03/2011) coa modalidade de 1'+10". Unha curta e sinxela manobra permitiulle ás brancas conseguir vantaxe decisiva. Cal foi esa continuación?
O desenvolvemento desde o inicio foi o seguinte: 1.09-13, 24-20 [Apertura Dereita Límite]; 2.12-15, 20-16; 3.13-18, 21x14; 4.11x18, 22x13; 5.10x17, 26-22; 6.05-10, 23-19; 7.08-12, 28-24; 8.06-11, 32-28; [Posición do diagrama]. Non dubidamos de que o espelido lector atopará axiña a solución. Os menos experimentados poderán ver a solución na próxima entrega.
* * * * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR (15/03/2011)
"Tiro repetido"

1. ... 24-20; e aquí as brancas abandonaron en vista de: 2.09x18, 20-15; 3.11x20, 23x07; 4.04x11, 19-14; 5.10x19, 26-22; 6.19x26, 30x07; G.N.

martes, 15 de marzo de 2011

DAMAS. Tiro repetido

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
A esta situación chegouse nun xogo entre os campións americanos Elbert Lowder vs. Everett Fuller disputado no prestixioso "Torneo dos Estados do Sur" no ano 1970. As brancas en lugar de facer a apropiada 12-15, acaban de cometer un tremendo desliz atacándo o envelenado peón de "13". Pode certificar o lector que manobra fixeron as negras para conseguir a vitoria?
* * * * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [5/3/2011]
"Atracción"
1. ... *22-18!; 2.08-12, *17-13!; 3.01-28, 18-14!; 4.28x17, 25-21; 5.17x26, 30x21; EMP.

sábado, 5 de marzo de 2011

DAMAS. Atracción

XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN
Con esa dama na gran diagonal o negro ten o paso cortado para os seus peóns polo que a simple vista a súa derrota parece inminente. Non obstante unha ben artellada manobra de atracción vaille permitir salvar o xogo. Pode atopar o lector esa forma coa que as negras conseguen evitar a desfeita?
***
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [28-02-2011]
"Esquivando o bloqueo"
1. ... 01-23; 2.29-25, 17-13!; 3.09x18, 23-30; [EMP.] Agora as brancas non teñen xeito de progresar. A dama está encerrada e se ceden un peón o final é de empate.
Nótese que se as negras teñen intención de non abandonar o río, perden. Por exemplo 2. ... 23-32; 3.22-26, 32-23; 4.26-30, 23-19; 5.25-29, 19-01; 6.30-20 [espera] 01-32; [ante o disparo con 20-27] 7.09-13, 17x10; 8.20-27, 31x22; 9.29x01 G.B.

lunes, 28 de febrero de 2011

DAMAS. Esquivando o bloqueo

XOGAN NEGRAS E EMPATAN
Neste final o bando débil debe xogar con moito coidado pois a "bateria" branca ameaza con disparar [22-27] se a dama negra se coloca en posición flutuante. Con todo existe unha sutil manobra que permite conseguir o empate, ben por redución de material, ou ben por "círculo vicioso" [repetición de xogadas]. O lector debe descubrir que pasa se as negras se instalan na casa "32" e despois terá máis doado o atopar a manobra salvadora.
* * * * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA DA SEMANA PASADA (22-2-2011)

"Buscando a Forzosa"

1. ... 18-14; 2.28-31 ... [Se 2.28-32, 03-10; seguido de 3. ... 10-01; G.N.] 2. ... 03-12*; [Para apoiar o peón desde a retagarda] 3.31-28 ... [Non vale 3.31-18, por 12-15; 4.18x20, 20x15; G.N.] 3. ... 12-19; e o peón de "10" coroa sen problemas. Despois as negras coroan tamén o outro peón e converten a posición nun novo final coñecido como a "Forzosa" que debe ser gañado empregando 12 lances como máximo.

Se vostede non sabe como executar a Forzosa pode aprender na Páxina de José Luis González Sanz "Damas Españolas" (faga clic enriba).

martes, 22 de febrero de 2011

DAMAS. Buscando a "Forzosa"

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Para gañar nesta posición as negras teñen que coroar os dous peóns sen perder o dominio do río [nome polo que se coñece na xerga damista á diagonal máis longa]. Unha vez que o bando forte dispón das 3 damas, o regulamento concede un máximo de 12 lances para atrapar a dama solitaria. Na solución da próxima entrega amosaremos, para os que están na primeira fase de aprendizaxe, como se gaña o final resultante. De momento vostede só debe indicar a manobra que leva á coroación.
* * *
SOLUCIÓN DA ANTERIOR PROPOSTA [14-2-2011]
"Un final de Buchanan"
1. ... 30-27; 2.10x19, 17-13!!; [0-1]
Esta é a clave. Brown deuse conta do bloqueo e depuxo as armas. Se agora as brancas seguisen con 3.02-06 na modalidade clásica rematábase o xogo con 3. ... 27-23; 4.11-14, 18x02; 5.09x27, 02x31 [G.N.]

lunes, 14 de febrero de 2011

DAMAS. Un final de Buchanan

XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Esta posición corresponde a un xogo do "Torneo Escocés" de 1902 entre F. Brown e George Buchanan. As brancas acaban de atacar o peón de "14" con idea de recuperar material, xa que se as negras xogan agora 1. ... 30-27; despois de 2.10x19, 27-23; 3.02-06, 23x14; 4.06-10 as forzas iguálanse e prudúcese o empate. Buchanan, con fino olfato, decatouse deste detalle e atopou un impecable recurso que lle valeu para anotarse a vitoria. Cal puido ser a continuación coa que conseguiron gañar as negras?
* * *
Solución da anterior proposta [5-2-2011]
"Tiro de Borghetti"
1.09-13, 17x10; [Así queda fabricado un soporte] 2.18-22, 26x19; 3.14x32, [G.B.]

sábado, 5 de febrero de 2011

DAMAS. Tiro de Borghetti

MOVEN AS BRANCAS E GAÑAN

Xogo disputado entre Michele Borghetti e Gianfranco Portoghese correspondente ao 61º Campionato Absoluto de Italia (1991).
1.10-13, 22-19; ["Apertura Crítica Cruzada"] 2.05-10, 23-20; 3.11-14, 21-17; 4.14x23, 28x19; 5.12-15, 19x12; 6.07x23, 27x20; 7.13-18, 32-28; 8.10-14, 20-16; 9.06-11, 24-20.
A última xogada das negras coa que se forma a posición amosada no diagrama, permite un fulminante desenlace. Será quen vostede de indicar como rematou este xogo o actual aspirante ao título mundial en poder de Moiseyev.
***
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [31-1-2011]
"Soltando lastre"
1. ... 09-05; 2.02x09, 23-20; 3.16x30, 22-18; 4.30x17, 18x02; 5.15-19, 02-05 [EMP].

lunes, 31 de enero de 2011

DAMAS. Soltando lastre.

XOGAN AS NEGRAS E EMPATAN
A esta posición chegouse nun xogo entre Marion Tinsley e Newell Banks (Columbus, 1954). As negras están perdidas na modalidade angloamericana, pero en damas clásicas dispoñen dunha brillante continuación que lles vale para conseguir o empate. Que xogaría vostede se fose o condutor das pezas negras?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [22/1/2011]

"Manobra elemental camuflada"

1.17-21, 25x02; 2.12-16, 19x12; 3.06x15, 02x20; 4.16x23 [EMP].

sábado, 22 de enero de 2011

DAMAS. Manobra elemental camuflada.

XOGAN AS BRANCAS E EMPATAN

Despois de sacrificar un peón, as negras alcanzaron esta prometedora posición nunha variante da "Partida do Río". A defensa por xudía deixando comer o peón de "6" non vale debido a que despois de 12-16 as negras comen con 19x12, pero existe unha preciosa continuación que permite reducir o material e conseguir o empate. Pode vostede descortinar como deben xogar as brancas para impedir a súa derrota?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR (16/1/2011)
"Gañar un tempo [III]"
Efectivamente, a solución é a que apuntou o amigo Armindo Gaspar (responsable do magnífico blog "Pé de Galo Damas") no comentario correspondente: 1.08-12, 11x04; 2.03-07, 04x11; 3.12-15, 11x20; 4.16x32 EMP.

domingo, 16 de enero de 2011

DAMAS. Gañar un tempo [III]

XOGAN AS BRANCAS E EMPATAN

Nun xogo disputado on-line o pasado mes de setembro na Ludoteka [modalidade 1'+10"], as brancas conducidas por Kacemo31 non souberon aproveitar o desliz cometido polo xogador con nick Miloudoran, que en lugar de mover o peón de "14" ao cadro "10", avanzaron o de "15". Desde a posición que se reflicte no diagrama o xogo continuou con 1.07-12, 28-23; 2.12-15, 14-10; 3.09-13, 10-05; 4.22-26, 29x22; 5.13-17, 05-01 e gañaron as negras. Pero como é que podían facer as brancas para conseguir o empate?

***

Solución da última proposta correspondente ao 24/12/2010

"Bloqueo [II]"

1.11-14!!, 18x11; 2.13-18, 22x13; 3.09x18 G.B.