domingo, 27 de noviembre de 2011

DAMAS. Golpe a Harpo Marx


Vídeo da película: "Unha tarde no circo" [1939].

martes, 22 de noviembre de 2011

DAMAS. Sutileza de Víctor Oliveira


XOGAN NEGRAS E GAÑAN

Nun xogo Leopoldo Lopes vs. Victor Oliveira [24º Campionato de Portugal; Foz do Arelho, 2004] alcanzouse esta interesante posición na que parece que tras a "luneta" efectuada pola dama branca o empate ía ser o resultado final. Maís o mestre do Val do Cambra tiña prevista unha elegante continuación que lle valeu para conseguir a vitoria. Será vostede capaz de indicar como é que remataron as negras?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [16/11/2011]
"Extraño abandono"

1.12-15, 24x21; [Obrigado pola "Lei da cantidade"] 2.03x17 GB.

miércoles, 16 de noviembre de 2011

DAMAS. Extraño abandono


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Curiosa posición que se deu no cuarto e último xogo da segunda sesión do 21º Campionato de Portugal entre Vítor Cunha e Joao Oliveira disputado en Foz do Arelho [2004]. Neste momento Cunha vencía por 2-1, pero extrañamente e pensando que estaba perdido decidiu abandonar permitindo ao seu rival empatar a sesión. Mais o caso é que as brancas non só non perden senón que están en disposición de conseguir a vitoria. Como xogaría vostede para alcanzar tal fin?

* * *

[A solución da proposta anterior pódese ver nos comentarios].

martes, 8 de noviembre de 2011

DAMAS. Elemental


NEGRAS XOGAN E GAÑAN

Nun encontro disputado on-line na "Ludoteka" entre dous dos seus más asíduos concurrentes chegouse a esta posición na que as negras desaproveitaron a ocasión de impoñerse no xogo aplicando unha elemental combinación. Os xogadores superaban a barreira dos 2300 puntos polo que o erro para nada desprestixía a súa calidade, todo o contrario. Con este detalle demostraron que a súa puntuación foi conseguida  a pulso. Agora sen nervios nin presas seguro que calquera deles atoparía a xogada corecta. Non dubido de que o lector tamén será quen de descubrila.

* * *

SOLUCIÓN DO PROBLEMA ANTERIOR [26/10/2011]
Problema ruso [2]

1.14-23, 27x10; 2.15x24 e agora:

a) 2. ... 25x07; 3.04x18, 32-28; 4.24-20 GB.

b) 2. ... 31x09; 3.24-31, 25x07; 4.04x18, 09x22; 5.32x18 GB.

miércoles, 26 de octubre de 2011

DAMAS. Problema ruso [2]


XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN

Na entrega anterior amosamos un daqueles dous problemas rusos que atopara gardados no medio dun  antigo libro de xadrez. Reservamos para hoxe a publicación do segundo. Trátase dunha composición de Iván Karakin que veu a luz por primeira vez no ano 1937. Por mor de non existir a lei da calidade no xogo dos soviéticos perde unha ramificación, máis aínda así o problema segue sendo un bonito "variable". Coñecidos os antecedentes é tempo de poñerse a pensar e intentar pasar un rato agradable indagando a súa solución. 

* * *

SOLUCIÓN DO PROBLEMA ANTERIOR [16/10/2011]
"Un problema ruso"

1.04-07, 11x04; 2.27-16, 04x21; 3.01-05, 10x01; 4.16-03 GB.

domingo, 16 de octubre de 2011

DAMAS. Problema ruso


XOGAN BRANCAS E GAÑAN

Sabendo do meu gusto polo tema, xa hai moitos anos un amigo regaloume un vello libro de xadrez que casualmente atopara no seu trasteiro. No medio traía metidos dous pequenos recortes de xornal con sendos problemas de damas. Son composicións de autores rusos pero, curiosamente, tamén se poden resolver coas nosas regras. A que hoxe presentamos pertence a D. S. Abragam e foi publicada por primeira vez no ano 1911. Trátase dun problema clásico que seguramente o lector solucionará sen moitas dificultades.

***

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/9/2011]
Golpe na "Contra-Clásica"

10.12-15, 20x11; [1. ... 19x12; 2.10x19, 23x14; 3.16x32 GB.] 2.16-20, 23x16; 3.05-09, 14x05; 4.07x32 e as brancas deben ganar.

sábado, 24 de septiembre de 2011

DAMAS. Golpe na «Contra-Clásica»


XOGAN BRANCAS E GAÑAN


Se o lector coloca as pezas no taboleiro e vai efectuando os seguintes movementos: 1.10-14, 22-18; 2.12-16 ... [Partida Contra-Clásica] 2. ... 23-19; 3.14x23, 28x19; 4.08-12, 32-28; 5.06-10, 18-14; 6.11x18, 21x14; 7.09-13, 27-23; 9.13-18, 24-20; terá ante os seus ollos a posición que se amosa no diagrama. A última xogada das negras constitúe un desacerto tremendo pois proporciona ao rival a posibilidade de executar un vistoso golpe. Será vostede capaz de descubrilo?

* * *

SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR
"Celada na Edimburgo" [9/9/2011]

1.13-17, 26x17; 2.16-20, 18x09; 3.10-14, 19x10; 4.12x26, 29x22; 5.06x13, 17x10; 6.07-12, 24x15; 7.12x26 GB.