jueves, 12 de abril de 2012
viernes, 30 de marzo de 2012
domingo, 18 de marzo de 2012
DAMAS. Enxeñoso soporte
XOGAN NEGRAS E GAÑAN
O panorama semella bastante favorable para o segundo xogador xa que a base branca está tremendamente debilitada debido á ausencia de peóns nas casas "2" e "3". Con todo é preciso manobrar con enxeño para poder burlar esa barreira defensiva formada polos tres "infantes" aliñados na terceira fila. Baralla o lector algunha idea que permita ás negras alcanzar ese obxectivo, ou vai esperar á vindeira semana para ver a solución?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [2/3/2012]
"Golpe de Marongiu"
1.09-13!, 22x06; [Obrigado pola lei da cantidade] 2.13x29 GB.
viernes, 2 de marzo de 2012
DAMAS. Golpe de Marongiu
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/2/2012]
"Sorprendente manobra"
1.07-11!, 19x10; 2.01-05, 10x01; 3.12-15, 01x28; 4.02x31 GB.
viernes, 24 de febrero de 2012
DAMAS. Sorprendente manobra.
BRANCAS XOGAN E GAÑAN
Esta posición pertence a un xogo Víctor Oliveira vs. Joao Oliveira do 17º Campionato de Portugal disputado en Almada no ano 1997. As brancas acaban de facer unha pequena combinación que lles permitiu situar ese formidable ariete na casa "23". Pero despois do cargue sobre o peón "14" ameazando 20-15 e o pase a dama, moitos pensaron nun exceso de vista de Víctor. Mais neste preciso momento cando todo semellaba tan favorable para o bando negro, a sorpresa apareceu no taboleiro. Pode vostede imaxinar que é o que aconteceu?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [16/2/2012]
"Un problema, dúas cuestións"
Non vale 1.28-32 por 14-07!; 2.04x11, 21x07 e as negras conseguen o empate.
A vitoria branca chega despois de 1.04-07, 14x32; [Se 1. ... 14x04; 2.18-22, 04-14; 3.28-32, 14-01; 4.25-29, 21-18; 5.32-05, 01x26; 6.29x09 GB] 2.25-29, 21x14; 3.29-14 GB [Bloqueo].
jueves, 16 de febrero de 2012
DAMAS. Un problema, dúas cuestións.
XOGAN BRANCAS E GAÑAN
[Henrique Guerra (1993, inédito)]
Nesta posición semella que as brancas van gañar de forma fácil despois de 1.28-32, pois se as negras responden con 1. ... 14-01; seguiría 2.18-22, 21-18; 3.25-29 e tras calquera das dúas movidas de peón cae a dama negra. Mais a realidade é ben distinta. O lector debe indicar primeiramente como se defenderían as negras nese suposto caso, e deseguido buscar a verdadeira liña que lle dá a vitoria ás brancas.
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [9/2/2012]
"Emendando o Tratado"
1. ... 22-18; 2.04x11, 18-13; 3.09x18, 21x07; EMP.
jueves, 9 de febrero de 2012
DAMAS. Emendando o Tratado.
XOGAN NEGRAS E EMPATAN
Na seguinte variante da "Partida Heroica": 1.12-16 24-20; 2.07-12 28-24; 3.10-14 ... O famoso Tratado da Enciclopedia Damista, asevera que se 3. ... 32-28; con 4.14-19 23x07; 5.16x32 ... as brancas gañan. Mais isto non é certo, pois o segundo xogador dispón dunha hábil continuación que lle permite atopar un fácil empate. Pode vostede, amigo lector, indicar como deben seguir as negras para equilibrar o jogo?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [27-01-2012].
"Floreo de trompetas"
1. ... 15-12; 2.08x15, 18-13; 3.09x18, 26-21; 4.17x26, 30x07; 5.03x12, 20x02; GN.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






