XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Esta posición pertence a un xogo de adestramento entre Almamoune Alatifi e Adil Belyamani disputado en Casablanca [Marrocos] o pasado 23/06/2011. As brancas teñen unha peza de menos pero aínda conservaban a esperanza de salvarse levando o peón "11" a dama cando quede despexado o camiño tras 1. ... 15-12. O condutor das negras non permitiu tal opción e rematou a loita cunha precisa manobra táctica.
Coñecidos os antecedentes, o lector agora debe poñerse no lugar de Belyamani, concentrarse e intentar descubrir esa combinación coa que as negras conseguiron a vitoria.
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [15/06/2011]
"A elegancia da simplicidade"
1. ... 15-12; 2.08x15, 18-13; 3.09x18, 26-22; 4.18x27 ... [Se 4.19x27, 30x07 é o mesmo] 4. ... 30x07; 5.15-20, 28-24 e as negras depuxeron as armas un par de xogadas despois.
No hay comentarios:
Publicar un comentario