XOGAN NEGRAS E GAÑAN
Nun xogo do clásico Torneo de Lakeside (1975) alcanzouse esta posición no enfrontamento Louis Cowie vs. Marion Tinsley. A presión exercida polas negras do mítico campión mundial estaba comezando a dar os seus froitos provocando o precipitado ataque ao peón de "15". O Dr. Tinsley instantaneamente aproveitouse deste desliz para efectuar unha elegante combinación que lle valeu para entrar en dama e impoñerse con facilidade. Será vostede capaz de resolver o enunciado coa mesma celeridade?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [8/6/2011]
"Golpe de Basil Case"
1. ... 31-27; 2.14x21, 17-13; 3.09x18, 26x17; [a típica finta do Golpe de Brooklin] 4.19x26, 30x14; 5.11x18, 20x04 GN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario