XOGAN AS BRANCAS E GAÑAN
Esta posición, que xa tiña esquecida, corresponde a un "estudo" que compuxen no ano 2005. Encontreina de casualidade revisando no meu arquivo e só agora ve a luz por primeira vez. A solución semella fácil, pero antes de que intente resolvelo repare nestes dous ensaios:
1º] 1.18-02, 05-14; 2.13-03 ... [E parece que cae o peón e as brancas van gañar] 2. ... 14-07!!; [Pero aquí esta a elegante defensa] 3.04x11, 08-04; 4.03x16, 04x14; [EMP].
2º] 1.31-24, 12-07!; [Agora é o momento xusto] 2.04x11, 05-01! ou 05-32; [EMP]. Non obstante non valía directamente 2. ... 08-04; por 3.24-31!!; 04x09; 4.15-22, 09x27; 5.31x02 [GB].
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR [24/9/2012]
[Unha fina manobra]
1.02-20, 24x15; [Se 1. ... 23x16; 2.21-30 e as negras quedan bloqueadas] 2.21-11, 15x06; 3.03x32 [GB].
No hay comentarios:
Publicar un comentario