XOGAN BRANCAS E GAÑAN
Unha celada é unha xogada aparentemente mala pero que en realidade encerra unha trampa. Imos ver un exemplo extraído do seguinte xogo: 1.12-16, 23-19; 2.10-13 ... [A variante "Wilderness" da Edimburgo] 2. ... 19-15; 3.11x20, 24x15; 4.13-17, 22-19; 5.09-13, 27-22; 6.07-12, 30-27; 7.04-07, 28-24; 8.05-10 ... [Así queda preparada a celada, semella que as negras poden gañar material atacando o peón de "13"] 8. ... 21-18; [as negras pican]. Agora tócalle a vostede indicar como poden as brancas explotar este fatal desliz que acaba de cometer o seu rival?
* * *
SOLUCIÓN DA PROPOSTA ANTERIOR
"Golpe adaptado" [15/7/2011]
As brancas gañan facilmente xogando 18-22 que obriga a capturar a maioría [Lei da cantidade]. Despois da réplica 26x12 segue 07x30 [Tres e dama] GB.
No hay comentarios:
Publicar un comentario